Mércores 18 Febreiro 2009
by pailan
0 comments

PodPailán #3: Hoygan!

Desta volta, PodPailán será bilingüe, que está de moda, é dicir: integramente en español (neutro). Tamén faremos algún que outro descubrimento musical nas listas de éxitos…

Luns 2 Febreiro 2009
by pailan
1 Comment

Cóntanos

Que é o que prefires?

Venres 9 Xaneiro 2009
by pailan
2 Comments

PodPailán #2

Invádennos os bots de Loqueando! Hoxe van revivir un momento inesquecíbel do audiovisual español con protagonista galego e lerán os Twitters de diversas persoas. Na sección Planeta Cisne, un filme terrorífico de Scott Fitzgerald.

Xoves 1 Xaneiro 2009
by pailan
1 Comment

Un adiantiño de PP2

Estará de agasallo de Reis, espero. Agora, isto vai de agasallo de Ano Novo. É só o arranque… Como con Lost.

Mércores 5 Novembro 2008
by pailan
2 Comments

PodPailán #1

Disque xa non é o que era, pero non hai nada que sexa o que era. Tamén din que é unha merda, pero non será para tanto. Tanto, tanto… Tanto tempo para isto?

Domingo 4 Maio 2008
by pailan
1 Comment

PodPailán 0.2

Unha pequena reflexión e adianto sobre o que será (se algún día o fago) o primeiro PodPailán. Como diría Touriño, «nunca vos follarei«. E a música de fondo está posta a mantenta.

Domingo 10 Febreiro 2008
by pailan
0 comments

PodPailán 0 Sneak Peek

Un pequeno adianto…

Domingo 21 Outubro 2007
by pailan
3 Comments

Chuzanews 32

Aquí rematan -xa non era sen tempo- as Chuzanews. Agora, tocarán outro tipo de podcasts. Por certo, non menciono o autor e título do tema que soa ao comezo: Diet Coke de Rifle Nice. Queda clausurado este podcast.

Nota: en principio, só sairá en OGG. Por tocarlosgüevos.

Domingo 26 Agosto 2007
by pailan
3 Comments

Fin de etapa

Como o tema das Chuzanews ultimamente xa non daba máis de si, decidinlles dar o remate definitivo. Así que, como xa moita xente saberá, as 32 serán as derradeiras, e non haberá máis, a non ser que alguén queira recoller o relevo. Espero non crear expectativas excesivas, mais a miña intención é facer un final por todo o alto… e que non deixe ninguén indiferente.